Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
No futsal

Galiza chega a Jaca con opcións de gañar o Campionato de Seleccións Territoriais

A selección galega destaca entre os doce equipos de Aragón, Euskadi, Castela-A Mancha e Estremadura.

Redacción - 13:01 23/04/2008

Doce equipos das Comunidades Autónomas de Aragón, Euskadi, Castela-A Mancha, Estremadura e Galiza han disputar, a vindeira fin de semana en Jaca (Huesca) o Campionato Estatal de Selección Territoriais de Fútbol Sala, organizado pola Federación Aragonesa e a Confederación Nacional de Fútbol Sala, en colaboración co concello da cidade.

Aragón Euskadi e Galiza compiten cos seus equipos sénior e xuvenil, en categoría masculina; e coa selección absoluta en absoluta feminina, mentres que Estremadura só ten equipos masculinos, e Castela-A Mancha femininos.

Os partidos comezarán esta sexta feira e terminarán o domingo nos polideportivos de Olimpia e Monte Oroel. A competición hase desenvolver nun sistema de liguiña por puntos, de xeito que se han coñecer os gañadores finais no último encontro.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: