Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Segundo Reprieve

Portugal axudou a mandar para Guantánamo a máis de 700 presos

A organización británica de dereitos humanos, formada por avogados, asegura que polo menos 94 voos pasaron por territorio portugués entre 2002 e 2006.

Redacción - 12:15 29/01/2008

A ONG británica de dereitos humanos, Reprieve, que máis de 700 prisioneiros foron ilegalmente transportados á base estadounidense de Guantánamo "coa axuda de Portugal" e que polo menos 94 voos pasaron por territorio portugués, entre os anos 2002 e 2006.

A organización creada por avogados en 1999, co obxectivo de prestarlles representación legal aos prisioneiros condenados á pena de morte, sobre todo en Estados Unidos, divulgou un informe que "demostra inequivocamente que 728 dos 774 prisioneiros de Guantánamo foron transportados a través da xurisdición portuguesa".

O ministro dos Negócios Estrangeiros portugués, Luís Amado, dixo este luns en Bruxelas que non ten "ningunha información" sobre este informe. Reprieve informou de que o documento foi elaborado a partir da comparación entre datos obtidos das autoridades portuguesas e do Departamento de Defensa de EUA con datas de chegadas dos prisioneiros a Guantánamo e testemuñas dos detidos.

"Polo menos en seis ocasións, avións de transporte de prisioneiros voaron directamente da base das Lajes nas Açores para Guantánamo", afirman. "Ningún destes prisioneiros podería ter chegado a Guantánamo sen a complicidade portuguesa", engadiu o director xeral de Reprieve, Clive Stafford Smith.

Segundo este, "Portugal ten que levar a cabo unha investigación pública e exhaustiva, e chegar ao fondo destas violacións do dereito internacional". Dende hai case un ano, o Ministério Público portugués ten un aberto a raíz das investigacións levadas a cabo polo parlamento europeo en relación cos voos secretos da CIA.


Documentos

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: