Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A XUNTA INVISTE MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS

Veciños de catorce concellos rurais terán banda larga gratis

Para estender estas redes públicas a outros municipios, a Consellería de Industria deberá vencer a desconfianza de Telefónica e do Estado

M. Vilas - 10:02 05/09/2007
Fernando Blanco aposta polas redes públicas

Fernando Blanco aposta polas redes públicas

Un importante revulsivo está a impulsar o lento despregamento do acceso a internet de alta velocidade na Galiza rural. Co convenio asinado o martes entre a Consellaría de Industria e os municipios de Pol, Ribeira de Piquín, Riotorto e Mondoñedo xa son catorce os concellos que disporán dunha rede pública sen fíos de banda larga. E o que é máis importante, no caso de resultar un éxito, a Xunta non descarta espallar esta infraestrutura noutras areas de difícil acceso.

Ademais, segundo anunciou o conselleiro Fernando Blanco o martes, estas redes serán gratuítas durante os seis primeiros meses, nos que estarán de proba.

Os municipios escollidos para a primeira fase piloto son -ademais dos xa citados en Lugo- Calvos de Randín, Castrelo de Miño e Manzaneda en Ourense; Ponteareas, Tomiño, Cuntis en Pontevedra; Curtis, Muxía e San Sadurniño na Coruña.

Como reaccionará Telefónica?
Haberá agora que observar como reaccionan Telefónica e o Ministerio de Industria. En principio, o programa da Xunta é complementario co Plano de Extensión da Banda Larga (PEBA) que promove o Estado mediante subvencións e préstamos ás operadoras, que no caso galego é Telefónica.

O problema é que, tanto o Estado como as operadoras, ven con desconfianza as redes públicas porque consideran que poden distorsionar a competencia. É dicir, que poden frear o investimento privado.


Para as zonas máis ailladas
Polo tanto, a aposta da Consellería de Industria polas redes wimax públicas (o departamento de Fernando Blanco dispón doutro proxecto na área do Courel) deberá centrarse en áreas non rendíbeis para as operadoras -as zonas máis despoboadas e de difícil acceso.

O obxectivo da Xunta é non suscitar críticas dende as operadoras así lograr espallar a banda larga por outros municipios rurais do país. Polo de agora, os convenios xa asinados supoñen un investimento dun millón de euros.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: