Xa pouco lle queda por gañar ao triatleta ferrolán. Esta fin de semana ficou primeiro na terceira proba do Grand Prix galo, competindo co seu equipo, o Triathlon Sartrouville.
O triatleta galego segue imparábel, a demostrar o seu excelente estado de forma. A pasado fin de semana impoñíase na terceira proba do Gran Prix francés, co seu equipo tamén francés, o Sartrouville.
Os seus rivais eran homes ben coñecidos neste deporte a nivel mundial, como o australiano Brad Kahlefeldt, que ficou na segunda posición; ou o británico William Clark, que quedou de terceiro.
Gómez Noya estivo toda a carreira no grupo de cabeza, cuns outros once triatletas, ao terminar a proba de natación. En bicicleta terminou coa fuxida do suízo Marceau e foi na carreira a pé onde só lle quedaba colgando Kahlefeldt, ao que deixou atrás, a dous quilómetros da meta.
Esta fin de semana Gómez Noya vai estar no Campionato Estatal cos Selección Galega, na localidade valenciana de Vinaroz.