Juan Carlos Martín foi na procura da galega terminados os campionatos estatais para avisala da súa decisión. González correrá co equipo feminino estatal do 6 de xullo ao 18 de xullo.
Segundo terminou o campionato estatal, o seleccionador do combinado español feminino, Juan Martín, confirmoulle a Biviana González que fora escollida para viaxar a Italia no Giro feminino.
Será a primeira participación da ciclista de Bueu nunha das grandes voltas por etapas do calendario feminino, que sairá da cidade italiana de Crochet del Montello, para terminar o día 16 de xullo na cidade de Seregno, da Lombardía italiana.
Biviana González foi oitava na proba contra-reloxo na fin de semana en Cuenca, e quinta na de fondo en estrada, o que lle valeu para seguir a xuntar méritos que fan que agora viaxe a Italia a dar o mellor de si.
A única ciclista do Estado que ten gañado o Giro d'Italia foi a vasca Joane Somarriba, quen fixo "doblete" nos anos 1999 e 2000.