Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
triatlón

Gómez Noya proclámase campión de Europa

O galego suma outro éxito máis á súa impecábel campaña internacional. O actual líder da Copa do Mundo cumpriu as súas expectativas o sábado en Copenhague. Iván Raña tivo que retirarse no medio da carreira.

Redacción - 13:05 02/07/2007
Gómez Noya

Gómez Noya

Con bastante autoridade, o triatleta galego que tamén lidera o ránking de clasificación olímpica e leva dez podios consecutivos na Copa do Mundo, dominou o percorrido estando sempre en cabeza e terminou cun crono de 1 h. 51:58, por diante dos alemáns Jan Frodeno (1h52:15) e Daniel Unger (1h52:30).

O galego foi a principal baza, coma case sempre, da selección estatal, axudado polo outro galego, Iván Raña (Campión Europeo 2002 e 2003), que tivo que se retirar no medio da carreira por mor dunha molestia física.

Gómez Noya sácalle o bastón das mans Frederic Belaubrea
O francés, Campión de Europa no 2005 e no 2006, fica relevado por Gómez Noya e tivo que se conformar cunha sétima praza, moi afastada do podio.

A portuguesa Vanessa Fernandes impúxose no ránking europeo feminino.


4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O galego, no momento de atravesar a meta e proclamarse Campión do Mundo, no novembro pasado (Foto: EFE)
O galego, no momento de atravesar a meta e proclamarse Campión do Mundo, no novembro pasado (Foto: EFE)
O galego é novo Campión de Europa (Imaxe: Fotomaf.com)
O galego é novo Campión de Europa (Imaxe: Fotomaf.com)