Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ciclismo

A Selección Galega Sub-23 vai á procura da vitoria aos Campionatos Estatais

Na mañá da cuarta feira os corredores e corredoras galegas reuníronse coa secretaria xeral para o Deporte. Tamén foron presentados os novos adestradores do combinado galego.

Redacción - 11:35 28/06/2007
A Selección Galega Sub-23

A Selección Galega Sub-23

Marta Souto recibiu á delegación galega antes da súa participación en Cuenca no Campionato Estatal de Estrada que se disputa do 29 de xuño ao 1 de xullo.

Os galegos estarán representados por quince corredores, de entre eles sete raparigas, que participarán en fondo e estrada, e oito mozos.

"Fóra do resultado, o feito de que pelexedes polas cores de Galiza é xa un motivo para sentírmonos orgullosos de vós"
Foron as palabras de Marta Souto ao recibir o cambinado galego. Tamén estaban daquela presentes o presidente da Federación galega de Ciclismo, Sabino Cortizo, e os dous novos seleccionadores do equipo galego: Xosé Manuel Oliveira e Kiko Martínez, que foron presentados oficialmente.

Presentación dos novos seleccionadores galegos
Os escollidos para estes postos, e que xa viñan traballando coa Federación Galega dende o pasado mes de xaneiro e teñen ampla experiencia neste deporte: Oliveira foi ciclista profesional do CLAS e do CHCS e foi director deportivo do C.C.Compostelano, Aluminios Alca, C.C.Coruñes-Leyma e C.C.Estradense-H.Diego, e Kiko Martínez traballou coa base do C.C.Noia e do C.C.Barbanza e realizou as funcións de director técnico na 'Volta a Coruña' e na 'Volta a Galicia' Camiños Xacobeos deste ano 2007.

Tamén se aproveitou para bpresentar o novo automóbil co que van viaxar os seleccionados a Cuenca: un Citroën C5 Familiar.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: