Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
XIX certame de narracións xuvenís

O xurado deixa deserto o premio Rúa Nova

A decisión debeuse ao prestixio e nivel que a convocatoria acadou nas súas anteriores edicións.

Redacción - 19:28 02/04/2007

O XIX premio de narracións xuvenís Rúa Nova quedou deserto. O xurado considerou que ningunha das obras recibidas merecía o galardón nas súas dúas categorías, en galego e en castelán. O fallo, feito público coincidindo co Día do libro infantil e xuvenil, recoñece, no entanto, que se observaron obras que “ben orientadas e perfeccionadas, poden dar en futuros escritores”.

Os membros do xurado, Yolanda Castaño, Antonio Reigosa, Xosé Cobas, Paulino Novo e Beatriz Prado afirmaron que o nivel acadado cos anos co premio que concede a Fundación Caixa Galicia debe intentar conservarse, polo que decidiron deixalo deserto. Malia isto, chamarán persoalmente os dous autores que máis destacaron, para animalos a seguir escribindo e suxerirlles melloras para que afinen en novos textos.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: