Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Bianca Cid, gañadora do Premio Rúa Nova

A Fundación Caixa Galicia, en colaboración coa Biblioteca "Nova 33", outorgou os galardóns da decimoterceira edición dos Premios Rúa Nova de Narracións Xuvenís, en galego e español. Das 29 obras, 13 foron na modalidade de lingua galega, que tivo como gañadora á coruñesa Bianca Cid Bouzas, por "O millonario". Na modalidade de castelán, o galardón foi para Elena Ojer Armendáriz, de Logroño, por "Noches blancas sobre San Petersburgo". Obtiveron mención especial as obras "Bar de Olmedo", de Juan Gómez Bárcena, e "A princesa velada", de Raquel Campos Pico. O premio, que galardona a promesas da narración que teñan menos de 20 anos, está dotado con 250.000 pesetas e a edición das obras na colección Nova 33.

- 18:03 16/11/2000
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: