Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Relanzamento do proceso no 50 Aniversario

A UE quere que a Constitución Europea estea en vigor en xuño de 2009

Antes de que remate este semestre, a presidencia alemá fará públicos a proposta e o calendario cara a un novo texto constitucional.

Redacción - 08:00 26/03/2007

A chanceleresa alemá, Angela Merkel, avanzou que o plan cara a esa meta será presentado antes de que remate a quenda de Alemaña na presidencia da UE. Sobre o texto que deberá relanzar o proxecto de Euroconstitución, Merkel indicou que debe conter a esencia do xa acordado e garantir que poida ser ratificado pola decena de estados que aínda non o fixeron, especialmente por aqueles onde os cidadáns votaron en contra, Francia e Holanda.

Advertiu Merkel que de non conseguirse ese obxectivo sería "un fracaso histórico". O esquema co que traballa a presidencia alemá, inclúe a estreita colaboración do executivo portugués, a quen lle corresponde a presidencia de quenda entre xuño e decembro de 2007. A meta é que o borrador sexa definido nun cumio antes do verán e que antes de fin de ano se peche o acordo. Ao longo de 2008 todos os socios deberían ratificar o novo tratado, e este sería unha realidade en 2009, antes de que a Unión Europea celebre novos comicios para o Europarlamento.

Malia o ambiente de consenso propiciado pola celebración deste 50 aniversario da UE, entre os primeiros obstáculos xa abrollaron as declaracións do presidente polaco. Lech Kaczinski dixo que o prazo de 2009 é "irreal" é falou de 2011 como unha perspectiva posíbel, xustamente cando a Polonia lle toca presidir a UE.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: