Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cumio en Berlín

Merkel reclama máis competencias para a Unión Europea

Os xefes de estado e de goberno da Unión Europea aprobaron na mañá do domingo a Declaración de Berlín sobre os valores, principios, metas e obxectivos comunitarios.

Redacción - 11:50 25/03/2007

No acto de sinatura da Declaración, Merkel insistiu no seu discurso en que os socios da Unión loitarán por renovar os fundamentos comúns da UE antes das eleccións europeas de 2009. A dirixente alemá destacou o seu compromiso de que este novo camiño na procura de novos fundamentos estea definido antes de que remate a súa quenda na presidencia comunitaria.

Neste sentido, a chanceleresa alemá referiuse claramente á necesidade de ampliar as competencias da Unión no referido á política enerxética, inmigración e xustiza. Merkel reclamou na súa intervención unha maior definición das responsabilidades dos estados membros e da propia comunidade.

A Declaración de Berlín asinouse nun acto celebrado no Museo Histórico Alemán de Berlín. Ademais de Merkel, participaron activamente na sinatura o presidente da Comisión, José Manuel Durao Barroso, e o presidente do Parlamento Europeo, Hans-Gert Pöttering. O documento constata por escrito as intencións sobre o futuro da unión por parte de todos os seus membros.

As celebracións con motivo do cincuenta aniversario da sinatura do Tratado de Roma comezaron na tarde deste sábado coa celebración dun concerto da Filarmónica de Berlín. Ademais, durante estes días e baixo o nome de Gran Festival Europeo, Berlin está a acoller numerosas actividades lúdicas nas súas rúas.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: