Vieiros

Vieiros de meu (ou rexistrate)
 

País Vasco

País Vasco
    O éuscaro é a lingua autóctona de Euskal Herria, país que na actualidade se estende por dous Estados, o español e o francés.

A lingua vasca non ten filiación, considérase illada, sen ningún tipo de relación de parentesco con outras linguas europeas, que algúns estudosos chegaron a ligar con linguas africanas e caucásicas, mais sen resultados convincentes.

Na actualidade, o éuscaro fálase principalmente no Hegoalde (País Vasco Sur). A política de normalización lingüística levada a cabo polo Goberno da Comunidade Autónoma Vasca, mesmo con axudas a asociacións de Nafarroa e do Iparralde, permitiu que o éuscaro reaxise entre os máis novos.

Porén, as autoridades destes dous últimos herrialdes ou provincias vascas (a Comunidade Foral de Navarra, no Estado español, e o Departamento francés dos Pirineos Atlánticos (Rexión da Aquitania) teñen unha actitude pasiva, cando non claramente belixerante cara á lingua propia do territorio.

O pobo vasco arela dende hai séculos a reunificación do seu territorio nunha entidade soberana. O País Vasco do Norte, baixo dominio francés, apenas avanzou na súa autonomía. Ao sur, as provincias de Araba, Bizkaia e Guipuzkoa, por unha banda, e Nafarroa, pola outra,están constituídas como comunidades autónomas españolas.

As primeiras forman a Comunidade Autónoma Vasca, máis comunmente coñecida como País Vasco ou Euskadi, cunha Administración moi descentralizada. A segunda, converteuse en Comunidade Foral de Navarra. Ambas as dúas entidades gozan dunha autonomía política e económica maior que outras nacións e rexións do Estado.

No S.XX, durante o período republicano español, houbo varias propostas de Estatuto de Autonomía, impulsadas por nacionalistas e carlistas que foron rexeitadas. Finalmente, a primeira semana de outubro de 1936, en plena Guerra Civil, apróbase a norma sen a participación de Nafarroa.

O primeiro Goberno estaba presidido por José Antonio Aguirre, do PNV, apoiado polo PSOE, o PCE, ANV, Izquierda Republicana e Unión Republicana. O Estatuto aboliuse en 1939 coa vitoria dos militares golpistas. En 1959, como consecuencia do rexeitamento á loita armada por parte da dirección do PNV, nace a organización armada Euzkadi Ta Azkatasuna (ETA, Euskadi e Liberdade).

Á morte do ditador español Francisco Franco, en 1975, e coa restauración da democracia, apróbase en 1979 un novo Estatuto de Autonomía, que aínda perdura. O PNV volve ao poder e non o abandona até 2009, cando líder do PSOE en Euskadi, Patxi López, accede á lehendakaritza (presidencia) co apoio do Partido Popular.

Ligazóns relacionadas

Datos básicos

  • NOME:
    Euskal Herria
  • XENTILICIO:
    euskal herritarrak/vasco, vasca
  • SUPERFICIE:
    20.947 km cadrados
  • POBOACIÓN:
    3.007.661 (2006)
  • REXIÓNS:
    Comunidade Autónoma Vasca, Comunidade Foral de Navarra e Trebiñu (Estado español); Departamento dos Pirineos Atlánticos (Rexión de Aquitania, Estado francés)
  • DIVISIÓN HISTÓRICA:
    Sete provincias ou herrialdes:
    Iparraldeoa (País Vasco Norte): Lapurdi, Nafarroa Beherea, Zuberoa
    Herroaldea (País Vasco Sur): Araba, Bizkaia, Gipuzkoa, Nafarroa Garaia
  • CAPITAL:
    Iruñea (histórica)
  • OUTRAS CIDADES:
    Bilbo, Donostia, Baiona, Gernika-Lumo

Política e Economía

  • ESTADO AO QUE PERTENCE:
    Reino de España e República de Francia
  • AUTOGOBERNO:
    Importante autonomía no Hegoalde; case nula no Iparralde
  • PRESIDENTE:
    Francisco Javier López (Euskadi, PSOE); Miguel Sanz (Navarra, UPN); Alain Rousset (Aquitania, PSF)
  • FORMACIÓNS NACIONALISTAS:
    EAJ-PNV: (Partido Nacionalista Vasco): demócratacristián
    Eusko Alkartasuna: (Solidariedade Vasca): independentista, socialdemócrata
    Aralar: independentista, socialista
    Abertzaleen-Batasuna (Unidade Patriótica): nacionalistas de Iparralde
    Nafarroa Bai (Navarra Si): Coalición de Aralar, EA, Batzarre e PNV
    Esker Batua (Esq Unida) autodeterminista
    Formacións ilegalizadas:
    Batasuna: (legal no Estado francés) | EHAK-PCTV | EAE-ANV
  • PIB:
    Moi por riba da media da UE
  • INDUSTRIA:
    Araba: agro (cereais, viño); Bizkaia e Gipuzkoa: metalurxia, alimentación, químicas, papel; Nafarroa: manufactura; Iparraldea: turismo, pesca

Entrevistas relacionadas


Ver País Vasco nun mapa máis grande

Lingua e Cultura

Fotos

152 kg / Autor: markel 2007 Euskal Eskola / Autor: Atauri Euskal presoak / Autor: Barrenetxea (Argazkiak / Fotografías / Photos) Artzaia / Autor: Atauri Mural en Belfast (Irlanda) / Autor: larbelaitz Barco / Autor: sarean.com

Todas as fotos | RSS


Fontes e máis información:
Citizendium | Enciclopedia Galega Universal | Encyclopædia Britannica | Eurolang | Eurominority | Europeana | Linguamón | Món Divers | Unión Europea | Wikipedia