Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: porto-exterior

17/Decembro/2009 /

O Porto Exterior da Coruña aínda está pendente dun acordo de financiamento

A Autoridade Portuaria urxe a Portos do Estado a pechar as negociacións no menor prazo posíbel e subliña que a terceira fase das obras xa aparecían nun BOE de hai un ano.


O crédito para o Porto Exterior da Coruña será "exactamente igual" ao de Xixón
16/Outubro/2009 /

O crédito para o Porto Exterior da Coruña será "exactamente igual" ao de Xixón

En calquera caso, o Estado non o concederá até a finalización dos plans de viabilidade técnico e financeiro da obra.


23/Setembro/2009 /

Porto Exterior da Coruña: investimento necesario?

Que valoración fas do desenvolvemento do proxecto de construción desta infraestrutura? Cun continuo aumento de custes, cal podería ser a solución para a futura dársena?


18/Setembro/2009 /

O aumento do custe do Porto Exterior da Coruña podería levar a reformular o proxecto

O orzamento ascende ao dobre do previsto inicialmente. Fomento di que é o momento de facer unha reflexión.


17/Setembro/2009 /

O Porto Exterior da Coruña custará 283 millóns máis

O presidente da autoridade portuaria pide implicación dos poderes públicos, e desbota o investimento privado.


Porto exterior de Punta Langosteira: En Xixón e en Bilbao paga o Estado, por que na Coruña non?
22/Xullo/2009 /

En Xixón e en Bilbao paga o Estado, por que na Coruña non?

O BNG exixelle ao Goberno español que financie "integramente" as obras do Porto Exterior ou se non, que lle transfira as competencias á Xunta.


19/Decembro/2008 /

O porto ferrolán amosa o seu potencial mentres Fomento mira para outro lado

Os peiraos de Ferrol rematarán o ano co maior crecemento a nivel estatal. Mentres, o goberno español segue sen atender as promesas para os accesos ao porto exterior.


1/Outubro/2008 /

O tren ao porto exterior ferrolán e a ampliación de Lavacolla fóra dos orzamentos

O eixo atlántico ferroviario, incluída a liña até Portugal, entre os proxectos que non avalan os orzamentos presentados polo goberno español.


13/Agosto/2008 /

Demasiado tempo adicado a "xustificar os atrasos de Fomento", aponlle o PP a Touriño

O PP ferrolán di que os atrasos cos accesos ao porto exterior son exemplo dos incumprimentos e denuncia que o presidente da Xunta colabore na "burla" á comarca.


1/Agosto/2008 /

Outro accidente grave nas obras de Punta Langosteira

Os sindicatos volven denunciar a presión aos traballadores para aumentar o ritmo de traballo nas obras do porto exterior, incluídas ameazas de despedimento.


20/Febreiro/2008 /

Os afectados polas obras do porto exterior da Coruña recibirán 4,5 millóns

A Autoridade Portuaria recoñeceu os prexuízos que causan os traballos e entregará unha indemnización para rexenerar a zona.


24/Xaneiro/2008 /

O porto de Ferrol bate marcas mentres seguen pendentes os accesos a Caneliñas

O presidente da entidade portuaria recoñece que non se cumprirá co último prazo prometido.


20/Decembro/2007 /

Entre paus e cemento, as administracións seguen de costas aos afectados polo porto exterior

Os mariscadores e mariñeiros seguen agardando resposta "xusta" polas obras de Punta Langosteira. Segundo os sindicatos, de momento só hai "desprezo" e paus "inxustificados".


30/Novembro/2007 /

Os sindicatos sinalan que hai operarios no porto exterior que fan até 60 horas á semana

Critican que se volva á normalidade nas tarefas sen que se produza unha investigación en profundidade logo da morte dun obreiro.


28/Novembro/2007 /

Inspección de Traballo anuncia a paralización de obras no porto exterior logo da morte dun obreiro

Un informe elaborado despois do accidente do martes revela que os operarios aguantan xornadas que superan as dez horas diarias.


28/Novembro/2007 /

Os traballadores frean as obras do porto exterior en demanda de seguridade

Hai un ano a construción do porto exterior da Coruña xa estivera paralizada varias semanas ao detectarse que as adxudicatarias non se adaptaran ás normas de seguridade.


28/Novembro/2007 /

Cuarto falecido nas obras do porto exterior da Coruña

Hai un ano a construción estivera paralizada varias semanas ao detectarse que as adxudicatarias non se adaptaran ás normas de seguridade.


8/Novembro/2007 /

Máis de 600 millóns de investimento e sen espazo para contedores

A actividade económica neste eido quedará freada, segundo recoñeceu o presidente da Autoridade Portuaria. Para a CIG, isto confirma que a iniciativa foi pensada unicamente como manobra especulativa inmobiliaria.