Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: lage-tunas

13/Maio/2010 /

O PSdeG asegura que as deputacións e concellos que goberna serán as primeiras en recortar gasto

Os socialistas tamén lle propoñen á Xunta suprimir os 'superdelegados', advertindo de que son "un fiasco" que custa 2 millóns adicionais.


17/Abril/2010 /

Os socialistas acusan a Xunta de "paralizar as oposicións"

Xosé Manuel Lage denunciou que 23 opositores ao corpo de enxeñeiros levan 16 meses agardando un exame, entre outras irregularidades.


11/Febreiro/2010 /

A Xunta admite que non priorizará a reforma dos medios públicos

Co precedente do bipartito na memoria, que se comprometera a resolver o asunto en seis meses, o PP asegura que consensuará unha lei da CRTVG antes da fin do mandato.


7/Xaneiro/2010 /

Garantir a "limpeza" nas oposicións, tarefa urxente

O PSdeG recorda que a pasada lexislatura dimitiu un director xeral pola perda duns exames e acusa o PP de non facer ren logo do recente escándalo de filtracións.


7/Novembro/2009 /

Sen consenso "pero sen drama": acordo imposíbel no PSdeG coruñés

O sector de Moreda aspira a apañar o 80" de apoios. O equipo de Lage sitúa o seu teito arredor do 45%.


2/Xuño/2009 /

"É a volta á censura do Prestige", agoiran os socialistas sobre a CRTVG

O deputado Xosé Manuel Lage láiase da elección do PP para os medios públicos e critica que non se buscase o prometido consenso.


3/Maio/2009 /

'Superdelegados' ou comisarios políticos a libraren "guerras internas"?

"Confusión entre partido e Xunta" e "contrapoder" a alcaldes e presidentes das deputacións. Tal é a valoración que o PSdeG fai dos cargos nomeados por Feijoo.


3/Maio/2009 /

O PSOE teima coas sombras de Hernández e o PPdeG recupera a polémica do Barbanza

Os socialistas consideran "indefendíbel" que o conselleiro siga na Xunta. Os populares tiran de acta xudicial para denunciar "irregularidades" na adxudicación da autovía.