Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: campionato-estatal

8/Xuño/2009 /

Teresa Portela e Bouza conseguen unha praza de seu para o Campionato de Europa

José Luis Bouza foi imbatíbel ao conseguir tres primeiros postos en Verducido. Perucho e Cal conseguiron un segundo posto no K-1 500 e no C-1 1.000, respectivamente.


1/Xuño/2009 /

Galiza consegue catro medallas no Estatal de traiñeiriñas

Cabo de Cruz gañou en xuvenís, Robaleira foi terceiro. Chapela e Meira segundo e terceiro clube na categoría feminina.


Irmandiña fútbol sala
6/Marzo/2009 /

As Irmandiñas de fútbol sala comezan cunha derrota o campionato estatal

Arrincou o torneo estatal de seleccións cun mal resultado para as nosas, que agora teñen a obriga de gañar a Cataluña no encontro deste venres.


Judo
2/Febreiro/2009 /

Dúas pratas para a selección de judo

Sara Álvarez e Miguel Romero acadaron medalla. O equipo galego conformábano 25 judokas.


Sergio Vallejo
23/Novembro/2008 /

A vitoria no Shalymar non lles chega aos Vallejo

Os pilotos de Meira cumpriron o seu papel, igual que fixo Enrique García Ojeda que rematou levando o estatal de rallys.


Vallejo a piques de esbarrancar nunha curva / Flickr: A Reixa
22/Novembro/2008 /

Os Vallejo viaxan a Madrid a polo estatal de rallys

Sergio é o piloto e Diego o copiloto deste equipo que buscará no rally Shalymar o seu primeiro campionato estatal.


11/Novembro/2008 /

Galiza acada o bronce no campionato estatal de hóckey

O equipo galego rematou na segunda posición do seu grupo e despois impúxose á Comunidade Valenciana na loita pola terceira medalla.


13/Outubro/2008 /

Galiza consegue 12 medallas no Estatal de Taekwondo Sub 21

A selección galega conseguiu, esta fin de semana, 12 medallas no Campionato Estatal Sub 21 que se desenvolveu en Málaga.


14/Setembro/2008 /

Pilar Hidalgo queda quinta, a poucos segundos do podio

Iván Raña compite no segundo segmento da proba masculina, os 40 Km de ciclismo. É o favorito, após a baixa de Gómez Noya.


4/Agosto/2008 /

Iván Salgado, novo campión estatal Sub 18 de xadrez

O ourensán gañou esta fin de semana en Padrón o título, confirmando os prognósticos. O mozo, de 16 anos, é Mestre Internacional deste deporte.


28/Xullo/2008 /

Seis medallas para os galegos no Estatal de Atletismo

O decatleta do Rosal é o último en se incorporar ao equipo olímpico galego, mais tamén houbo metais para Dacal, Mercedes de Santaló, Palomanes, Arias e Pedrares.


30/Xuño/2008 /

Pereiro sobe ao podio no Estatal

O galego quedou de terceiro en fondo. Máis irregular foi a actuación dos ciclistas do KGZ, xa que, tras a retirada de Veloso, quedaron por riba do décimo posto.


2/Xuño/2008 /

Galiza, a indestronábel

Esta fin de semana Galiza gañou, en Castro Urdiales, o Campionato Estatal de piragüismo por Autonomías, alén de dominar (e tamén vencer) no de traíñas feminino.


12/Maio/2008 /

Unha galega queda terceira no Campionato estatal de Tiro con Arco Tradicional

Teresa Veira, do Clube de Arqueiros de Cambre, chegou ao podio esta fin de semana en Guijuelos (Salamanca). A pasada fin de semana tamén se desenvolveu o galego desta especialidade.


28/Abril/2008 /

Galiza domina (con cinco ouros) o medalleiro do remo estatal

Das sete medallas que se xogaban, a selección galega de bateis só non conseguiu a das categorías xuvenil feminina e absoluta masculina.


16/Abril/2008 /

Os máis pequenos de futsal galego gañan os campionatos estatais por partida dobre

As seleccións galegas alevín e benxamín levaron senllos ouros. Os infantís unha prata e os cadetes terminaron cuartos no Campionato de España de fútbol sala de seleccións territoriais.


14/Abril/2008 /

Óscar Vicente e Melina Alonso gañan o campionato estatal de duatlón

Os dous deportistas do Cidade de Lugo Club Fluvial, volven conquistar os ouros que conseguiron hai xusto un ano en categoría júnior e cadete, respectivamente.


7/Abril/2008 /

A luguesa Aída Valiño proclámase campioa estatal sub-23 de duatlón

A deportista do Cidade de Lugo Club Fluvial entrou novena, mais foi a mellor na súa categoría. O seu compañeiro Jesús Gomar foi campión na categoría masculina.


2/Abril/2008 /

Pablo González consegue a prata en 50 metros de costas

O nadador do Náutico de Vigo conseguía, ademais do segundo posto no Campionato de Inverno, a mellor marca de idades do clube.


2/Abril/2008 /

As mulleres da selección galega de rugbi a piques de gañar o bronce no Estatal

A pesares da igualdade e condicións coas que comezaron o encontro, as andaluzas fóronse impoñendo a partir do segundo tempo.