 
Oportunidade única en Ferrol para escoitar a artista alcuñada como a "Dulce Pontes sarda" ou "Maria del Mar Bonet algueresa".
 
											O prestixio acumulado por Franca Masu valeulle entre outros ser consagrada pola crítica como "Gran dama do Mediterráneo". Entregados á maxia refinada de sons, palabras e acenos que fan deste espectáculo unha emocionante e profunda experiencia, Franca Masu estará acompañada por un cuarteto de grandes músicos que ambientarán o escenario á beira da riqueza dos seus matices vocais.   
  
  Nada en Alghero en 1962 dunha familia de artistas, Masu é de formación autodidacta no plano musical e debutou no escenario en 1990 cunha banda de jazz. A cantante sarda lidera agora con Claudio Sanna e Càlic o rexurdimento da canción en idioma catalán en Alghero cun estilo de músicas do mundo que bebe principalmente do jazz, o fado e o tango.   
  
  A súa mestura musical entre a canción popular de Alghero, o jazz, o fado poderemos vela este sábado 17 de xullo ás 22 h na clausura do III Ciclo de Músicas Portuarias, no Teatro Jofre, en Ferrol.   
  
  
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto