Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A celebrar o 5 de maio de 2011

A reforma do sistema electoral británico irá a referendo

En xogo está a introdución dun esquema máis proporcional, tal e como reclaman os liberais. Os conservadores xa anunciaron que pediran o "non" á reforma.

Redacción - 11:45 06/07/2010
Nick Clegg, viceprimeiro ministro británico

Nick Clegg, viceprimeiro ministro británico

O viceprimeiro ministro Nick Clegg, foi o encargado de confirmar que o executivo británico do que forma parte levará adiante un referendo sobre o posíbel cambio de sistema electoral no Reino Unido. A reclamación desta modificación do sistema fora unha das principais reivindicacións durante a última campaña da formación liberaldemócrata que lidera Clegg.

Porén, doutra opinión ao respecto é o Partido Conservador, do primeiro ministro David Cameron. Os conservadores aceptaron levar a primeiro plano o debate sobre o cambio de sistema como parte do acordo de goberno asinado cos de Clegg. Mais a formación de Cameron xa anunciou que pedirá o "non" ao cambio nese referendo.

Tal e como está actualmente estruturado, o esquema electoral británico favorece os dous partidos tradicionalmente maioritarios, conservadores e laboristas, minguándolles espazo ás outras formacións e recortando a pluralidade da asemblea británica. Así, cada circunscrición elixe, por maioría simple, un só candidato, quedando sen representación o resto de votos. A reforma en debate introduciría un sistema proporcional, redifinindo os propios marcos das circunscricións e mesmo reducindo o número de deputados da Cámara dos Comúns que pasaría a só 600. Por outro lado, tamén se propón estabelecer lexislaturas fixas de cinco anos.

Recomendámoslles ampliar en:


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: