Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTRA A REFORMA LABORAL

Sindicatos e goberno vasco discrepan sobre o éxito da folga xeral

Mentres o poder político cifra o seguimento nun 8% na Administración e nun 30% no sector privado, os sindicatos falan do 75% dos traballadores na rúa.

Redacción - 18:25 29/06/2010

O seguimento da convocatoria de folga xeral en Hego Euskal Herria foi desigual atendendo tanto ás cifras do goberno como dos sindicatos. A portavoz do goberno vasco, Idoia Mendia, cifrou en algo máis dun 8% o paro na Administración Pública e nun 30% na empresa privada.

Pola contra, os sindicatos ELA e LAB cifraron nun 75% o o seguimento da protesta convocada por ambas as dúas centrais xunto a STEE-EiLAS, ESK, HIRU e EHNE. Doutra banda, o sindicato que convocaba por separado, CCOO, tamén adiantou uns datos elevados de seguimento, que chegan até o 90% na industria vasca.

Incidentes
Os medios españois poñen o acento tamén nesta xornada nos disturbios e incidentes que se deron nalgunhas cidades. Un ertzaina resultou ferido nun enfrontamento con manifestantes en Vitoria, onde foron detidos tres folguistas por resistírense á autoridade. Asemade, outro manifestante foi detido en Bilbao e a policía imputou por desordes a outros 13 cidadáns.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: