Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REUNIÓN EN TORONTO

Rodríguez Zapatero recita a lección diante do G-20 e garante a reforma urxente das pensións

O presidente español defendeu os cambios en materia laboral aprobados polo seu goberno e o recorte no gasto público.

Redacción - 12:05 27/06/2010

Rodríguez Zapatero tomou a palabra na madrugada do sábado ao domingo diante dos líderes do G-20 para explicar as medidas anticrise que se están a tomar no Estado Español. Ademais de explicar a reforma laboral aprobada en primeira instancia polo Consello de Ministros, Zapatero fixo fincapé na reordenación do sistema financeiro e máis concretamente na lei de caixas que está a negociar co PP. Tamén defendeu as medidas de contención e recorte no gasto público.

Pero o presidente español tamén falou da outra gran reforma que se comezará a discutir nas vindeiras semanas: A das pensións. Neste aspecto, Rodríguez Zapatero sinalou que o goberno español xa está negociando cambios legais que garantan o sistema.

Aínda que o executivo español ten a súa propia folla de ruta: Ampliación da idade de xubilación de 65 a 67 anos e establecemento da cotización mínima de 15 a 20 anos, Zapatero subliñou que ve moi probábel un gran acordo parlamentario para aprobar en outono a reforma.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: