Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Prognóstico das caixas de aforros

Fochanca no PIB cara ao último treito do ano

A Fundación das Caixas de Aforros agoira que a economía estatal volverá a números negativos no segundo semestre, malia prognosticar recuperación para 2011.

Redacción - 10:45 24/06/2010

Coincidindo co plan de axuste introducido polo goberno español, a economía estatal verá freado o seu crecemento no segundo semestre do ano, acumulando dous trimestres de crecemento negativo. Un período de recesión que a Fundación das Caixas de Aforros (FUNCAS) considera que estará vencellado ao axuste fiscal, a caída do investimento público e o descenso do consumo. Deste xeito, e segundo o estudo publicado no último número dos 'Cadernos de Información Económica' desta fundación, o crecemento pechará o ano en cifras do -0,7%. Así e todo, cara a 2011, Funcas prognostica unha taxa do 0,3%.

Doutra banda, Funcas avalía que non se rexistrará unha tendencia cara a creación de emprego no conxunto do Estado Español deica finais de 2011. Deste xeito, a taxa de paro mesmo se incrementaría até o 19,9% en 2010 e chimparía a barreira do 20% en 2011. Mentres, os índices de produtividade medrarían significativamente, un 1,9% en 2010 e 1,2% en 2011 ao tempo que os salarios sufrirían erosión nos próximos dous exercicios. Por outro lado, a previsión de Funcas sobre o déficit público é dun 6,9% en 2011.

Ao tempo, contámoslles da avaliación que o informe de Funcas fai do parámetro de elasticidade fiscal segundo comunidades autónomas. Trátase dun indicador relacionado coa capacidade recadatoria no imposto sobre a renda, o impacto da inflación e a capacidade do imposto para neutralizar desequilibrios económicos. E segundo ese estudo, Galiza aparece a nivel estatal, canda Estremadura, Castela e León e Castela-A Mancha, entre os pechacancelas neste indicador, liderado no Estado por Madrid, Asturias e Cataluña.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: