Representantes da Universidade do País Vasco, de Valencia e de Compostela reflexionaron sobre a importancia do sector.
O sector cultural pode ser un dos alicerces da economía produtiva. Esta é a principal conclusión do Foro “Cultura e mercado”, terceiro do ciclo de reflexión sobre a cultura galega que está a organizar o Consello da Cultura. Nun encontro celebrado este martes en Compostela participaron Francisco Campos (Universidade de Santiago), Victoria Ateca (Universidade do País Vasco) e Pau Rausell (Universidade de Valencia)
Victoria Ateca salientou a importancia do estudo do impacto económico da cultira e as dificultades para a necesaria harmonización dos criterios a aplicar. Para Ateca existe “un gran potencial sen explotar nas industrias culturais e creativas para crear emprego e estimular a innovación”
Pola súa parte, Pau Rauselle referiuse á necesidade de cambiar a estratexia de políticas culturais. Rouselle insistiu no proceso de “democratización da creación cultural” relacionado directamente coa dixitalización e com internet. Dende o Consello da Cultura lembraron un documento elaborado en datas recentes sobre a situación das industrias culturais galegas. Nese informe sinalábanse os novos camiños que abren as TIC para a promoción e produción cultural