Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Orzamento "duro, mais xusto", di

O Goberno británico sobe o IVE ao 20% e recorta as axudas sociais

Prevé, porén, un novo imposto á banca e un incremento na fiscalidade ás rendas de capital máis altas, do 18% até o 28%.

Redacción - 17:00 22/06/2010
O ministro de Economía, este martes

O ministro de Economía, este martes

O ministro británico de Economía, George Osborne, anunciou que o goberno bipartito (conservadores e liberais) subirá o IVE do 17,5% ao 20% o próximo ano dentro do orzamento de urxencia presentado este martes, que contempla ademais unha importante redución de gasto social.

A estratexia até 2015, apuntou, pasa por reducir o déficit actual nove puntos do 10,1% ao 1,1%. Isto é, dos case 180 mil millóns de euros a pouco máis de 20 mil. A proporción do axuste virá do recorte de gasto, o 77%, e da suba de impostos, o 23%.

Para conseguir este obxectivo, haberá unha conxelación do subsidio á infancia durante tres anos, e a "reestruturación" das axudas estatais aos sectores con menos recursos. Tamén se limitarán os beneficios fiscais para as familias e por ter vivenda.

Con todo, tamén se contempla unha taxa sobre a banca a partir do 1 de xaneiro, na liña de Francia e de Alemaña, e un incremento no imposto sobre as rendas de capital máis altas do 18% actual até o 28%. O anuncio, sinalan medios internacionais, pode xerar polémica entre os deputados conservadores.

O ministro, que cualificou o orzamento de "duro mais xusto", advertiu que de non se tomar estas medidas de redución do gasto público, a credibilidade do país nos mercados internacionais veríase afectada, con "catastróficas" consecuencias, polo que as cualificou de "inevitábeis".


3,5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: