Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións xerais

Troco de dereitas en Holanda

As sondaxes auguran a vitoria dos liberais do VVD e a caída do partido do actual primeiro ministro, o conservador do CDA. A extrema dereita podería ter a chave do goberno.

Redacción - 12:40 09/06/2010
Sondaxe recente

Sondaxe recente

19 partidos dispútanse esta cuarta feira en Holanda os 150 escanos da cámara baixa nunhas eleccións anticipadas centradas na crise económica fronte ao sempre mediático debate sobre a inmigración do que tenta botar proveito a extrema dereita.

As sondaxes auguran a vitoria dos liberais de centro dereita do VVD e a caída do partido do actual primeiro ministro, o conservador do CDA, Jan-Peter Balkenende. De se confirmar, Mark Rutte converteríase no primeiro ministro dun país que viu caer as últimas catro coalicións de goberno.

A última crise, que provocou a convocatoria de eleccións anticipadas, produciuse o pasado 20 de febreiro. O Partido do Traballo (PvdA, socialdemócrata) anunciou a súa saída do executivo da Haia por se negar a secundar a proposta do primeiro ministro Balkenende de enviar máis tropas a Afganistán.

Desde aquelas o dirixente conservador perdeu fol, mais non precisamente pola guerra de Afganistán -que practicamente pasou sen pena nin gloria pola campaña electoral- senón pola situación económica, aínda que o 4% de paro está lonxe do case que 20% no Estado español.

Sondaxes

As últimas sondaxes depáranlle unha forte caída. Dos actuais 41 escanos ficarían con apenas 21-22 asentos, pasando a ser terceira forza. Os de Ruttechimparían chimparían de 21 asentos a 36 grazas á súa mensaxe, ben acollida, de austeridade económica: reducir en 20 mil millóns o gasto público, deixar na metade o número de ministerios e elevar a idade de xubilación dos 65 aos 67 anos.

Pola súa banda, o PvdA podería obter 28-29 escanos (actualmente conta con 33). Da caída dos dous partidos da coalición, os demócrata-cristiáns e os socialdemócratas, tirará proveito tamén a extrema dereita do xenófobo Geert Wilders. O líder do Partido pola Liberdade (PVV) podería ser chave de goberno de se cumprir o prognóstico das sondaxes que lle dan o dobre dos nove asentos actuais.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: