 
 
2.900 alumnos de ikastolas distinguiron a tradución de 'Cocorico' como a mellor obra do ano.
 
											Capa do libro
Perto de tres mil nenas e nenos escollen a edición en éuscaro de Cocorico (Kokoriko, na tradución), da galega OQO editora, como mellor libro do ano. A federación de ikastolas de Euskal Herria (Euskal Herriko Ikastolak) organiza cada ano o certame Eleccións Literarias, onde se lle dá voz e voto aos alumnos para que escollan o seu libro favorito. En total participaron 2.900 nenos de diferentes centros escolares.
Cocorico é unha adaptación de Marisa Núñez dun conto birmano, con imaxe da ilustradora austríaca Helga Bansch. A editorial pontevedresa OQO editouno en galego, catalán, castelán, portugués e francés.
Outro traballo da mesma editora, Os sete cabritinhos, acaban de recibir unha distinción do xurado do Premio Nacional de Ilustración de Portugal.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto