Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Congreso dos Deputados

Davila preguntará a Corbacho se pensa que flexibilizar o despido crea traballo

A deputada do BNG dirixirase ao ministro español de Traballo na sesión de control ao goberno, logo de transcender as súas propostas en materia laboral.

Redacción - 11:45 06/06/2010
Reunión o pasado venres da Interparlamentar do BNG na Sede Nacional da formación, en Compostela

Reunión o pasado venres da Interparlamentar do BNG na Sede Nacional da formación, en Compostela

A deputada do BNG no Congreso dos Deputados Olaia Fernández Davila dirixirase esta cuarta feira ao ministro español de Traballo, Celestino Corbacho, para lle preguntar se o Executivo que preside o socialista José Luis Rodríguez Zapatero cre que a flexibilización do despedimento crea traballo.

Nesta sesión de control, Davila abordará o abaratamento do despido logo de transcender as propostas do goberno español en materia laboral, en concreto a flexibilización do despido. O BNG quere que rectifique xa que supón "unha regresión en materia de dereitos laborais"

De prosperar, consideran desde a formación frontista, "sumarase á xa longa lista de recortes sociais e laborais que o goberno de Zapatero está a protagonizar".

Ademais, a deputada nacionalista di que o presidente "sucumbiu primeiro aos requirimentos da banca e do FMI e agora baixa a cabeza fronte ás exixencias do empresariado esquecendo máis unha vez os traballadores".

"Cómpre preguntarse que foi do seu espírito social e que foi do seu talante, e até onde pensa chegar atendendo os ditados do FMI e dos poderes económicos", engade.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: