Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONSELLO DA XUNTA

O número dous da Consellaría de Educación cesa no seu cargo

Dende o Goberno afirman que Vázquez Fernández pediu a súa saída por “razóns familiares”. Oitavén Barcala será o novo secretario xeral.

Redacción - 17:24 27/05/2010

Cesamento a petición propia ou á forza? A versión oficial da Xunta é que o até o de agora número dous da Consellaría de Educación, Xosé Luís Vázquez Fernández, foi substituído por “petición propia” debido a motivos “familiares”. Mais dende a oposición, o deputado socialista Guillermo Meijón deu por feito que se trataba dun cesamento en toda regra e díxolle a Feijoo que se equivocaba de obxectivo xa que a quen tiña que substituír era ao conselleiro Xesús Vázquez.

Xesús Oitavén Barcala é dende este mesmo xoves o novo secretario xeral de Educación. Natural de Cotobade, é licenciado en Dereito e até o de agora estaba traballando como auditor no Consello de Contas.

Vázquez Fernández, unha xestión sen protagonismos
Vázquez Fernández (Ourense, 1953) era un alto cargo que se mantiña  nun segundo plano. De feito, como confirman os sindicatos, non era habitual a súa presenza nas reunións cos representantes do profesorado, algo que si acontecía noutras lexislaturas.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: