Carlos Meixide publica un relato da vida urbana na capital de Galiza na colección “O Lapis do Taberneiro”.
En 2009 o Café Bar Trece (emprazado na rúa santiaguesa de Santa Clara) botaba a andar unha orixinal colección de literatura tabernaria. Aquela aventura segue a dar froitos. O último vén da man de Carlos Meixide que publica un relato titulado 'Primavera'.
O escritor e xornalista volve aos camiños literarios logo de ter publicado en 2005, en Edicións da Rotonda, a novela 'O Home Inédito'. Neste caso, o relato é, segundo contan dende a propia colección “un retrato coral da vida urbana na capital galega, aberto a encontros inesperados e bebedeiras antolóxicas capaces de convocar a gargallada colectiva.” De fondo, a chegada da primavera e o propio Ano Santo que enchoupa toda a cidade.
A presentación terá lugar este xoves ás 21 horas no propio Café Bar Trece.