Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Democracia 2.0

Twitter protesta contra a 'tesoirada'

A rede social de mensaxes curtas está a protagonizar a oposición dixital aos recortes anunciados polo goberno español.

Redacción - 12:00 13/05/2010

As redes sociais na internet estanse a mobilizar contra o recorte de gasto social anunciado polo goberno español. Pola súa inmediatez, Twitter estase a converter no punto de encontro de mensaxes de protesta ou mesmo de reflexión sobre as drásticas medidas.

Como adoita acontecer nestes casos, unha palabra chave xurdiu espontaneamente para designar todos os textos sobre o asunto. O termo castelán #tijeretazo (tesoirada) está a servir para amosar o rexeitamento e a suxestión de solucións dende diferentes puntos de vista, ás veces opostos, aínda que unidos pola oposición ás medidas de axuste orzamentario.

Así, mentres algunhas dos centos de mensaxes defenden o funcionariado, lembrando que sen el moitos servizos públicos non existirían, mentres outras afirman que o que é preciso recortar é o número de empregados públicos. Outras das solucións que se achegan son reducir as partidas para a casa real ou que os bancos tamén se teñan que mollar.

Outras redes sociais, como Facebook, están a ter menos relevancia neste asunto. Así, un grupo que convoca unha manifestación en Madrid para este 13 de maio apenas supera o cento de persoas.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: