Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reaccións ás medidas anunciadas polo goberno español

CCOO: "É unha cesión á presión dos mercados e o liberalismo económico"

O sindicato rexeita a estratexia do goberno español e anuncia mobilizacións.

Redacción - 18:35 12/05/2010
Tags: CCOO

"O recorte incide nos sectores débiles da sociedade, sen equidade ningunha, e esixe novos sacrificios a quen xa comprometera a súa responsabilidade e moderación en acordos asinados recentemente: o persoal ao servizo das administracións públicas". Así o xulgan desde a Federación de Servizos á Cidadanía de Comisións Obreiras (CCOO), acusando o executivo estatal de introducir medidas que, na práctica, contrarían o propio discurso esgrimido en datas recentes.

Para CCOO o necesario serían medidas que incidisen de xeito favorábel "na xeración de ingresos e non no recorte do gasto; no aumento do emprego e non en detrimento do consumo". Comisións entende que a prioridade debera ser meterlle man á reforma financeira e fiscal antes de conxelar emprego e salarios públicos. Ademais, avalían que este recorte "cae como unha lousa sobre o acordo entre a administración e os sindicatos de setembro de 2009, cuxo ámbito temporal de aplicación debería finalizar en 2012".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: