Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ADMINISTRACIÓN LOCAL

Alcaldes socialistas denuncian discriminación por parte da Xunta

Piden un reparto dos orzamentos “máis xusto e equitativo” e consideran “inadmisíbel” que se distribúan atendendo a “criterios políticos e partidistas”.

Redacción - 10:00 13/05/2010

“Un reparto xusto e equitativo dos orzamentos”. Iso é o que pediron unha representación de 80 alcaldes socialistas á Xunta de Galiza mediante un escrito rexistrado en San Caetano. Os rexedores, comandados por Alfredo García (alcalde do Barco de Valdeorras), explicaron que os seus concellos están nunha situación de “asfixia” e que contan con “verdadeiros problemas para prestar os servizos á cidadanía”.

Incumprimento do Pacto Local e criterios políticos
Segundo denuncian, o Goberno está a incumprir o Pacto Local, o que está a repercutir no “mantemento das equipas educativas e de saúde” xa que, din, “os concellos non contan cos fondos necesarios para asumir este custo”. Ademais, criticaron a redución de achegas económicas para os programas de cooperación, no marco do que se contratan a persoas desempregadas, sobre todo “nun momento no que o paro é un dos problemas máis graves”.

Ademais de recordar que o Goberno realiza o reparto de fondos de promoción de emprego atendendo a “criterios claramente políticos e partidistas”, en lugar de distribuír o orzamento en función do número de desempregados de cada concello, tamén subliñaron os problemas dos municipios para asumir servizos vencellados á Dependencia ou conciliación. Neste sentido anuláronse os correspondentes convenios ou os propios comedores escolares, ademais de paralizar as obras de saneamento e abastecemento con procesos de adxudicación xa iniciados. Finalmente, criticaron a falla de criterios obxectivos para o reparto de fondos e distribución das obras previstas no Plan Hurbe da Xunta.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: