Un dos 'ghiteiros' máis reincidentes, Paris Joel, preséntanos a súa achega a canción do verán, unha petición para que pare de chover.
No centro, Paris Joel, nun concerto
A segunda achega a A Polo Ghit 2010 vén doutro dos asiduos ao concurso. Dende Sada, Paris Joel preséntanos "unha súplica para que pare de chover, porque chove arreo, e en todos os sentidos". O cantautor asegura que participa no concurso "sen ánimo de SacarNota, porque nunca fun dos que segregan, dividen ou tentan de apropiars do que non é de seu" e coa intención de solidarizarse "cunha boa idea a prol da música deste país". Engade que non lle importa sequera o premio.
A peza que presenta, Máis non, pretende ser "sinxela e humilde", cunha guitarra acústica, voces e "un pouquiño de percusión", que fixo el só "non por afán de protagonismo, senón porque non atopei ninguén que me axudara". Remata a súa presentación desexando A Polo Ghit "por moitos anos".