Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Receita de Fernández Ordóñez fronte á crise

O Banco de España teima na defensa de despedimento barato e redución de salarios

En plena negociación cara á reforma, o organismo mete o pé outra vez botando á luz un informe co que apoia as teses da patronal.

Redacción - 09:00 31/03/2010

Non é a primeira vez nas últimas semanas que o Banco de España defende teses similares. Este martes botou man dun informe onde analiza a evolución concreta de setecentas empresas para avalar que o freo aos salarios e o abaratamento de despedimento son receita para combater o desemprego.

Segundo o organismo, as empresas que recortaron soldo a seus traballadores durante o último ano non realizaron despedimentos. No seu boletín trimestral insiste ademais a entidade en apoiar as argumentacións da patronal a prol dun modelo único de contrato que mingüe a indemnización por despedimento improcedente.

As teorías do Banco de España, que chegan no medio dos contactos cara á reforma laboral, son duramente criticadas polos sindicatos, desde onde lle reclaman á institución presidida por Miguel Ángel Fernández Ordóñez que deixe de interferir no diálogo social e centre os esforzos en recompoñer o sistema financeiro e garantirlle liquidez ás pemes.

Para ampliar:


1/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: