Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Once edicións

Pecha o XGN máis "aberto" ao público

A Dirección Xeral de Xuventude cifra en cinco mil as persoas asistentes, das que 1.600 participaron internamente no encontro informático.

Redacción - 10:30 29/03/2010

Este domingo rematou a 11ª edición de Xuventude Galiza Net, á que asistiron case cinco mil persoas, segundo o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro. Entre eses participantes inclúense as 1.600 rapazas e rapaces que participaron activamente na 'intranet' do encontro informático, no Pazo de Congresos e Exposicións de Compostela, durante tres días.

A Xunta reafirmou a súa intención de crear "a longo prazo" unha rede de 'parties' galegas para que Galiza se sitúe nos primeiros postos na formación continua nas novas tecnoloxías. Despois da visita do presidente do Goberno e da conselleira de Traballo, o sábado, a festa pechou as súas portas coa entrega de 50 premios.

A principal novidade desta edición foi que moitas das actividades estiveron abertas ao público xeral, como os diferentes obradoiros ou a proxección cinematográfica de Pinocho 3000, á que asistiron máis de mil persoas. Os obradoiros máis demandados foron os de fotografía dixital, banda deseñada e virtualización, algúns dos cales tivéronse que repetir para que puidese asistir todo o mundo. Tamén se cualificou de éxito o campionato de paintball, que se instalou por primeira vez para os participantes na XGN.

Entre os logros da undécima edición atópase a retransmisión, por primeira vez, da final do torneo Counter Strike 1.6 nunha pantalla de 15 metros, e mais a da Electronic Sport League, en conexión coa Lanparty de Reus.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: