Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO ESTADO ESPAÑOL

Sete cadeas monopolizan o 70% do sector de supermercados

A OCU advirte do enorme poder que adquire así a distribución á hora de negociar os prezos cos provedores.

Redacción - 08:45 23/03/2010

Alcampo, Carrefour, Eroski, Mercadona, El Corte Inglés, Lidl, e Dia. Sete cadeas de supermercados acamparan o 70% do mercado da distribución de alimentos no Estado Español, o que lles confire un “enorme poder” á hora de mercar os produtos os seus provedores. Así o acaba de denunciar a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), quen elaborou un informe para comprobar precisamente como comercian as cadeas de distribución cos alimentos.

En concreto, o estudo (cofinanciado pola Unión Europea) céntrase na ética dos grandes supermercados e a súa finalidade é a de desvelar o posicionamento destes supermercados á hora de mercar produtos orixinarios de países en vías de desenvolvemento que, finalmente, son etiquetados como marca propia. O informe conclúe que a responsabilidade das cadeas é máis alta precisamente no caso destas marcas propias, xa que “teñen unha capacidade total para controlar a cadea de produción”.

Papel do consumidor
A OCU tamén tira a conclusión de que ningunha destas sete grandes cadeas de supermercados está a altura das súas expectativas en relación cos provedores de alimentos en países en vías de desenvolvemento. Ao tempo que anima as compañías a poñer en marcha medidas que aseguren unhas boas condicións laborais a longo da súa cadea de subministro e que alerta sobre a necesidade de contratos comerciais equilibrados, este colectivo insiste en que os consumidores temos moito que dicir neste tema.

Así, recomenda aos usuarios a solicitar información no supermercado sobre as súas políticas de responsabilidade social, pedir que aumenten os produtos de comercio xusto e exixir que garantan o cumprimento dos dereitos humanos e unhas condicións comerciais xustas para os seus provedores.


3,86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: