Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
"Diferencia a titularidade dos centros emisores"

A Xunta argumenta que a deturpación de topónimos incumbe o Ministerio de Industria

Nunha súa nota de prensa sobre próximos apagamentos analóxicos, facía alusión á desconexión dos centros de "Puebla", "Puentenuevo", "Puentenuevo II" ou "Sanpayo".

Redacción - 10:00 10/03/2010

A Xunta saíu ao paso da información publicada este martes en Vieiros onde se daba conta da deturpación de varios topónimos nunha nota de prensa publicada na súa web sobre os próximos apagamentos analóxicos. Nesta facíase alusión á desconexión dos centros de "Puebla", "Puentenuevo", "Puentenuevo II" ou "Sanpayo", en plena polémica polo uso do xa famoso "Desván de los Monjes".

Desde o Goberno argumentan que "as instalacións que son propiedade de Abertis, é dicir, do Ministerio de Industria, contan con denominación en castelán porque así o estabeleceu o seu titular, o devandito departamento da Administración Central".

"Pola contra -din-, os centros emisores dependentes de Retegal e, polo tanto, da Xunta de Galicia, teñen -evidentemente- nomes en galego". Neste senso, explican que "o feito de que se utilicen nomes en galego e castelán, permite diferenciar a titularidade dos devanditos centros emisores".

"En definitiva, o feito de que se recollan denominacións en castelán obedece a que se trata da denominación oficial deses emisores e, dende logo, non existe ningún desleixo pola toponimia oficial de Galiza nin intención ningunha de utilizar formas deturpadas. Simplemente faise referencia a eses centros utilizando o nome oficial dado polos seus titulares", conclúen.

En base a esta argumentación, enténdese que a Xunta seguirá a usar os topónimos deturpados nas súas comunicacións e documentos oficiais cando se faga referencia a instalacións que dependan da Administración do Estado.


1/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: