Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
A PARTIR DO VINDEIRO CURSO

O goberno vasco porá en marcha nas escolas un plan experimental trilingüe

Educación propón un consenso para que o modelo se espalle a todos os centros dentro de tres anos.

Redacción - 19:15 03/03/2010

O actual sistema de modelos lingüísticos que existe en Euskadi pode ter os días contados. O goberno vasco anunciou este mércores que xa ten ultimada unha nova proposta para o ensino non universitario. O modelo deseñado polo executivo autónomo contempla un mínimo de 5-6 horas de docencia á semana en euskera, castelán e inglés. A partir de aí cada centro elaborará un proxecto para cubrir o resto do horario.

A conselleira de Educación, a socialista Isabel Celaá, anunciou que durante os tres vindeiros cursos escolares vai haber un programa experimental en corenta centros públicos. A idea é adquirir experiencia para que no curso 2013/2014 se espalle o modelo a todos os colexios. “Non se trata dun experimento máis. Faise cun propósito claro: superar o sistema de modelos por un marco que, en base a uns mínimos comúns, dea ampla autonomía aos centros para a elaboración dos seus propios proxectos lingüísticos”.

Celaá insistiu en que os plans do goberno só se levarán a cabo se hai un gran consenso a prol deste modelo. Aínda así, avogou por comezar unha serie de contactos con todas as forzas políticas para buscar puntos de encontro “para impulsar o euskera, consolidar o bilingüismo e activar o inglés, como modelo de convivencia interno onde poidan convivir harmonicamente as diferentes sensibilidades lingüísticas”


2,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: