Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTE VENRES

Patronal e sindicatos séntanse a negociar no conflito das instalacións deportivas

Logo de case un mes de folga, retómase o diálogo para a constitución dunha nova mesa de negociación.

Redacción - 11:32 26/02/2010

Representantes da patronal das instalacións deportivas públicas concesionadas (Axidega) e os tres sindicatos que representan os traballadores (CIG, UXT e CCOO) reúnense este venres no Consello Galego de Relacións Laborais (Santiago de Compostela) para retomar o diálogo. O obxectivo será volver a constituír unha nova mesa de negociación que poña fin a case un mes de folga (os traballadores suman xa 26 días de paro).

A xuntanza conta coa mediación do director xeral de Relacións Laborais, Odilio Martiñá, e o presidente do Consello, Demetrio Fernández. As dúas partes amosaron a súa disposición de buscar unha solución ao conflito, retomar as negociacións e suspender a folga. A patronal exixe que rematen “de xeito inmediato” o que consideran “actos vandálicos” contra instalacións deportivas e institucións públicas. Mentres, os traballadores demandan un convenio laboral digno, que lles permita ser “mileuristas”. Para este venres non hai previsto ningún acto de protesta á espera de como se desenvolven as negociacións.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: