Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Xuntanza sen acordos concretos

Feijoo e López falan de 'lobbie cantábrico' e coinciden en política lingüística

"Constatamos a vontade de acordos, agora toca poñer a traballar os equipos", apuntan, prevendo diálogo sobre turismo ou pesca.

Redacción - 19:45 22/02/2010

A potención do Eixo Atlántico, a declaración como Patrimonio da Humanidade do Camiño do Norte, a marca turística "España Verde", a pesca, anti-terrorismo, industria... Foron algunhas das cuestións mencionadas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o lehendakari Patxi López, á saída da súa primeira reunión este luns en Euskadi. O lehendakari enmarcou este encontro na súa serie de xuntanzas cos mandatarios de Cantabria, Nafarroa, Asturias ou Aquitania na procura dunha "fértil colaboración coas comunidades veciñas".

"Non fixemos máis que constatar a vontade de chegar a acordos e agora toca poñer a traballar os nosos respectivos equipos para que baixen ao terreo do concreto", explicou Patxi López, "temos un grande terreo que sementar e seguro que pronto veremos os froitos desta colaboración", engadiu no que dixo ver como un chanzo máis na "esperanza de revitalizar a cornixa cantábrica".

Feijoo destaca o entendemento en política lingüística
O presidente da Xunta definiu a afinidade Euskadi-Galiza de relación de "afecto, cariño e respecto mutuo dende hai moitísimos anos entre ambas as dúas sociedades". Dixo o mandatario galego que galegos e vascos "comparten mar, a cornixa, as cores verdes e azuis e probablemente unha forma de entender a vida". De xeito específico, salientou Núñez Feijoo que a Xunta considera que a administración vasca é referente en cuestións como a sanidade, políticas I+D+i e internacionalización.

Por outro lado, e ao respecto desta reunión, desde a Xunta destacan o presunto entendemento entre López e Feijoo ao respecto das políticas de normalización lingüística. Segundo a nota oficial da presidencia galega, Feijoo e o socialista vasco "coincidiron na súa defensa dos principios educativos de bilingüismo, liberdade e introdución do inglés na ensinanza". Di a Xunta que ambos os dous "compartiron a necesidade de defender a lingua propia nun contexto de liberdade e, ao mesmo tempo, a ambición colectiva de lograr unha educación trilingüe nas súas respectivas comunidades autónomas". De feito, o tema lingüístico ocupou boa parte da intervención do presidente da Xunta no almorzo informativo do Fórum Europa Tribuna Euskadi.


1/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: