Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
"Competencias exclusivas"

O goberno español rexeita compartir a xestión do espectro radioeléctrico con Galiza

O BNG lamenta que a Xunta non poida aproveitar as frecuencias libres para levar a banda larga ao rural.

Redacción - 12:51 22/02/2010
As zonas rurais poderíanse beneficiar da tecnoloxía sen fíos

As zonas rurais poderíanse beneficiar da tecnoloxía sen fíos

O goberno español rexeitou que a Xunta comparta a xestión do espectro radioeléctrico que quedará libre despois do apagamento da televisión analóxica. En resposta a unha pregunta presentada por Francisco Jorquera, do BNG, o executivo español denegou a posibilidade de transferirlle ou compartir a xestión desa competencia, por ser "estatal".

O BNG lamentou a decisión, que impedirá que a Xunta poida aproveitar esas frecuencias para dotar o rural galego de conexións de banda larga sen fíos, mediante a tecnoloxía Wimax ou 4G. Jorquera lembrou que a xestión compartida do espectro si que é "posíbel", pois "fíxose coas licenzas de TDT e as radios dixitais de carácter autonómico e local, que concedeu a Xunta".

O goberno español respondeu que "non está previsto" que a banda de 800 megahercios estea libre até o 1 de xaneiro de 2015, mentres que a de 400 megahercios, que é "amplamente utilizada" para servizos de autoprestación de empresas e de administracións públicsa, "podería ser complicado" aproveitala.

Jorquera cualificou de "insatisfactoria" a resposta, por considerar que está feita dende "premisas políticas centralistas" en vez de facelo dende unha "racionalidade e experiencias anteriores".


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: