Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Indicios de delito de falsidade documental

Hernández evita valorar o avance da causa aberta contra el

Di que non adicará "nin un minuto" á situación, malia que o xulgado pontevedrés dá o paso para que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) investigue o asunto.

Redacción - 13:15 20/02/2010

Ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) corresponderalle resolver a causa aberta contra o actual conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, na causa aberta contra el por presunta falsidade documental e fraude na certificación dunha obra cando traballaba para a Deputación de Pontevedra. Logo da querela presentada polos socialistas, o xulgado pontevedrés que tramitaba o caso vén de inhibirse en favor do TSXG, a quen lle corresponde decidir sobre a responsabilidade de Hernández na súa condición de aforado como integrante do Goberno.

Ao respecto, o conselleiro evitou este sábado valorar a actuación xudicial, que indica a existencia de indicios de delito, e asegurou que non dedicará "nin un minuto" do seu tempo a este tema. "Insisto no que dixen e vólvoo repetir, non vou adicarlle un minuto do meu tempo", subliñou. "É un tema que segue o seu curso e non teño nada máis que engadir", teimou. Con todo, afirmou ter o "máximo respecto" polas decisións dos tribunais.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: