Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NOVA NOVELA

A historia da estupidez humana no espello das nosas elites

Marcelino Fernández Mallo presenta este martes en Compostela a súa segunda novela: Klásicos.

Redacción - 10:01 02/02/2010

A Marcelino Fernández Mallo tócalle defender este martes a súa segunda novela: Klásicos. Acompañado do articulista Rafael Cuíña e do escritor Francisco Fernández Naval, o autor dará a coñecer a súa última obra en Compostela (Libraría Couceiro, 20 horas).

O libro, publicado por Morgante (selo de Rinoceronte), transita polos camiños da crítica social e do humor negro. Desta volta, Fernández Mallo lévanos a unha viaxe ao corazón das nosas elites urbanas. Horacio, o protagonista da historia, leva a vida disipada que lle permite o moito diñeiro e a súa xuventude. Pero un accidente doméstico muda radicalmente a súa acomodada existencia.

O autor debuxa unha “historia sobre a estupidez humana. E sobre a capacidade de resistencia e rexeneración das familias hexemónicas”. Case nada, e todo pasado pola batedora do humor máis acedo.


3,6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: