Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En tres anos

Unha ducia de mocións de censura

A do Porriño será a undécima moción de censura que prosperará en Galiza dende as municipais de 2007 e a cuarta na provincia de Pontevedra.

Redacción / Europa Press - 11:15 01/02/2010

A do Porriño será a undécima moción de censura que prosperará en Galiza dende as municipais de 2007 e a cuarta na provincia de Pontevedra, onde edís elixidos polo PP se fixeron por esta vía tamén coas alcaldías de Mos e Gondomar, polémicas nos dous casos porque recibiron o apoio de concelleiros tránsfugas.

Dende maio de 2007, edís do PP fixéronse mediante mocións de censura tamén coas alcaldías d'A Pobra de Trives, Mos, Abegondo, Láncara, Folgoso do Courel e A Veiga, aínda que nalgúns casos, os concelleiros tramitaron a súa baixa nas filas populares. Tamén na provincia de Pontevedra, edís do PP avalaron a moción de censura de Silleda, que arrebatou esta alcaldía ao PSdeG, entregándolla a unha alcaldesa que abandonara as listas socialistas. Ademais, o PSdeG tamén foi expulsado do concello coruñés de Santa Comba mediante unha moción de censura apoiada polo PP e que colocou a un independente no cargo de alcalde en febreiro de 2008, na que foi a primeira presentada en Galiza esta lexislatura municipal. Pola súa banda, o PP perdeu unha alcaldía pola vía da moción de censura o pasado mes de novembro, cando un acordo entre PSdeG e BNG lle arrebatou o cargo de alcalde en Porto do Son. A estes casos cabería engadir outra moción de censura presentada no municipio ourensán de Calvos de Randín en maio de 2008, que estaba apoiada por catro edís do PP cun concelleiro elixido na lista do PSdeG, pero unha protesta veciñal impediu que se chegase a votar.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: