Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Até dez anos, mentres dure a reconstrución

400 mil haitianos vivirán en campamentos de refuxiados fóra de Port-au-Prince

EUA desmente as informacións sobre unha "ocupación" de Haití e sostén que a súa presenza no país ten fins exclusivamente "humanitarios".

Redacción - 12:45 22/01/2010

Arredor de 400 mil haitianos serán acollidos en campamentos de refuxiados fóra de Port-au-Prince, onde poden permanecer até dez anos mentres dure a reconstrución da capital haitiana logo do terremoto, segundo anunciaron as autoridades do país caribeño

Para transportar a poboación cara aos novos asentamentos, o Goberno prometeu facilitar 34 autobuses, que comezarán a circular no prazo dunha semana. A decisión tomouse ante a situación sanitaria na capital e os prognósticos de epidemias masivas que a ameazan.

Mentres, aumenta a tensión na devastada cidade por mor dos numerosos saqueos. A súa frecuencia non diminúe a pesar dos esforzos das forzas de seguridade e as tropas dos EUA (13 mil efectivos aos que se sumarán sete mil soldados máis) enviadas para manter a orde.

Expulsión de xornalistas

A crecente presenza militar dos EUA en Haití provocou o descontento dalgúns países do mundo, incluídos Francia, Brasil, Bolivia, Venezuela, Nicaragua e Uruguai.

A situación complicouse aínda máis esta quinta feira cando os soldados estadounidenses expulsaron do aeroporto haitiano os xornalistas estranxeiros alí instalados.

No entanto, os EUA desmenten as informacións sobre unha "ocupación" de Haití. A Casa Branca sostén que a súa presenza no país caribeño ten fins exclusivamente humanitarios.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: