A Xunta trasladaralle a auditoría á institución reguladora co obxectivo de que non bloquee o camiño á fusión das dúas entidades.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, dixo ter seguro de que á luz da auditoría sobre as caixas de aforro, o Banco de España debera manter "o mesmo criterio con Galiza que con outras autonomías".
E baixo ese criterio, entende Núñez Feijoo que o resultado da auditoría certifica a solvencia dunha fusión entre Caixa Galicia e Caixanova e asegurou confiar en que, unha vez analizados os datos, o regulador manteña "o mesmo criterio" con Galiza que, por exemplo, adoptou cos casos de Cataluña e Andalucía.
Do mesmo xeito, Feijoo instou os órganos de goberno das caixas a "proseguir coa defensa do interese xeral" e avalar unha fusión que permita a Galiza ter "unha das cinco entidades de aforro máis grandes de España". "A ver se todos somos capaces de primar o interese xeral por enriba doutros que non son de todos", reclamou.