Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Non se informou de danos ou vítimas

Un novo terremoto de 6,1 graos sacode Haití oito días despois

O sismo do 12 de xaneiro causou polo menos 75 mil mortos, 250 mil feridos e un millón de persoas sen fogar.

Redacción - 14:04 20/01/2010
O sismo é o maior desde hai oito días

O sismo é o maior desde hai oito días

Un terremoto de 6,1 graos na escala de Richter rexistrado na illa de Haití esta cuarta feira causou escenas de pánico na capital, Port-au-Prince, onde a xente que durmía en campamentos saíu ás rúas e intentou afastarse dos edificios danados polo sismo de hai oito días.

Polo momento non se informou sobre danos ou vítimas. Segundo o Instituto Xeolóxico de Estados Unidos (USGS), a réplica produciuse ás 6.03, hora local (12.03, na Galiza), e o seu epicentro localizouse a 9,9 quilómetros de profundidade e a 42 quilómetros ao oeste-noroeste de Jacmel -unha das localidades máis afectadas polo anterior gran terremoto.

O sismo do 12 de xaneiro -con epicentro a 10 quilómetros de profundidade e a 15 quilómetros da capital- causou polo menos 75 mil mortos, 250 mil feridos e máis dun millón de persoas sen fogar, segundo os últimos dados da Dirección da Protección Civil.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: