Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Concurso

Songoku en galego conquista o Xapón

Un vigués gaña un certame televisivo nipón cantando a canción d'As bólas máxicas na nosa lingua. Vídeo no interior.

Redacción - 10:35 12/01/2010
Un momento da actuación de Amir García

Un momento da actuación de Amir García

Un vigués afincado no Xapón, Amir García, gañou un concurso da televisión xaponesa cantando o tema en galego da serie As bólas máxicas. Segundo informa o blog Export-Manga, que tamén publicou o vídeo do programa no YouTube, o espazo, Sanmas Super Karakuri Terebi é un dos máis vistos no país nipón, con 10 millóns de telespectadores.

O espazo, da canle TBS, e caracterizado pola peculiar estética xaponesa, consiste en cantar versións de cancións famosas, neste caso de series de debuxos animados dos anos 70 e 80. García cantou, ademais da canción de Songoku, unha versión das sintonías de Comando G e de Mazinger Z dedicada aos seus amigos.

Até chegar á final do concurso, o galego superou dúas audicións con máis de 300 persoas, todas elas xaponesas. O xuíz do programa foi o cantante orixinal do tema de Mazinger Z, Mizuki Ichiro, que quedou impresionado polo coñecemento da cultura xaponesa que amosou Amir García, e que lle valeu a vitoria.


5/5 (26 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: