Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO DIARIO GARA

O colectivo de presos de ETA anuncia unha fase de loita nos cárceres

Subliñan que é necesario abrir un proceso democrático forte en Euskal Herria e obrigar os estados a que asuman unha política penitenciaria baseada no respecto aos presos.

Redacción - 13:00 27/12/2009

O Colectivo de Presos Políticos Vascos (EPPK) anuncia que iniciará nos primeiros días do ano unha "nova fase de loita" nas distintas cárceres españolas e francesas, segundo recolle este domingo o diario Gara.

Nun comunicado, no que non concretan as medidas que levarán a cabo, indican que porán a súa "forza" para que o conflito se solucione seguindo "perspectivas políticas e democráticas". EPPK subliña que "fronte a tanta represión" é necesario "abrir un proceso democrático forte en Euskal Herría". Sinala que é necesario "obrigar os dous estados" a desenvolver unha política penitenciaria baseada só en principios democráticos, abandonado a política de dispersión e recoñecendo o carácter político dos presos vascos".

  • Máis información no diario Gara


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: