Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Norma "descafeinada"

Aragón aproba unha lei que recoñece o plurilingüismo mais non a cooficialidade

PSOE e CHA aprobaron o texto, que foi rexeitado polo PP e PAR, que o consideran "catalanista", e por IU, por non recoñecer dereitos.

Redacción - 11:00 18/12/2009

As Cortes de Aragón aprobaron este xoves a Lei de Linguas Propias da Comunidade Autónoma, que recoñece a existencia do aragonés e do catalán no territorio, mais non a súa cooficialidade. A lei foi aprobada polo PSOE e mais Chunta Aragonesista, cos votos en contra do PP, o Partido Aragonés Rexionalista e IU.

A norma, que entrará en vigor un mes despois da súa publicación, pretende recoñecer a pluralidade lingüística aragonesa e garantirlle á cidadanía o uso das súas linguas propias como un legado cultural histórico que se debe conservar. Baséase nos principios de voluntariedade, zonificación e non cooficialidade. Ese último aspecto foi criticado pola CHA, que aínda así apoiou o texto, e por IU, que considera que non recoñece dereitos.

O principal rexeitamento procedeu do PP, que considera que a lei é "catalanista" e mesmo puxo en marcha unha campaña de recolleita de sinaturas e unha web na súa contra co lema "Non á imposición do catalán". O PAR criticou tamén o feito de que se considere catalán a lingua que se fala na zona oriental de Aragón.

A nova norma crea o Consello Superior das Linguas de Aragón, para desenvolver a política lingüística, e estabelece o procedemento para declarar as zonas de utilización das diferentes linguas.


4/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: