A Consellaría de Educación ordenou suspender as aulas en todos os centros educativos do país ante a previsión de mal tempo.
Predición de Meteogalicia
A Xunta explica, nun comunicado, que este acordo se adopta como medida de precaución ante a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectará a Galiza en cotas baixas a partir das 12 da noite deste luns. A Consellaría dá a orde de suspender as clases "para que non se produza ningunha incidencia" no acceso dos escolares aos centros e para "preservar a seguridade de alumnado, profesorado e persoal docente".
Pola súa parte a axencia galega, Meteogalicia, tamén predí nivel amarelo para as catro provincias galegas por acumulación de neve que, en algúns puntos, puidera ser superior aos cinco centímetros.
Podes ver aquí a predición: