Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Nova web

O PPdeG "reinventa" a web 3.0

O partido renova o seu portal sen moitos cambios para o público en xeral e dirixido principalmente aos medios de comunicación.

Redacción - 12:15 23/11/2009
Tags: 3.0 PPdeG web

O Partido Popular de Galicia (PPdeG) renovou este luns a súa páxina web. A formación política asegura que ten unha "filosofía 3.0" para "colocar o partido a pé de rúa" e "mellorar a interconexión" coa cidadanía.

Nada máis entrar, o presidente do partido, Alberto Núñez Feijoo, dános a benvida nun vídeo, sen que poidamos evitalo. Unha vez dentro, comprobamos que, a pesar do que supón a web social, non temos posibilidade de inscribirnos nin de interactuar con outras persoas usuarias da páxina. Si hai ligazóns a redes sociais externas, como o Facebook, o Tuenti, o Flickr, o Twitter e o YouTube do partido, que se manteñen actualizadas e que serven de contacto coa comunidade internauta. Neste aspecto, apenas ofrece cambios con respecto á versión anterior da páxina.

A principal novidade que incorpora o PPdeG na súa web é o anuncio de que organizará encontros dixitais abertos para que o público poida enviarlles as súas preguntas aos dirixentes do partido. Terán periodicidade quincenal e poderanse descargar con calidade emitíbel a través de medios audiovisual. De feito, parecen ser máis os medios ca a sociedade en xeral os seus destinatarios, pois tamén introduce "unha verdadeira axencia de noticias popular", con texto, audio, imaxes e vídeos para os medios de comunicación.

O primeiro en inaugurar os encontros dixitais na web do PPdeG será o seu secretario xeral, Alfonso Rueda, que sentará diante do computador o martes ás 10:30 horas. Segundo o PPdeG, entrar en contacto coa cidadanía a través da internet é máis viábel que que os cargos do partido visiten os 315 concellos do país, e lembra que boa parte da súa campaña electoral -e quizais do seu éxito- se baseou na web.

Bilingüismo cordial
No que se refire á lingua, a única posibilidade de cambiar de idioma refírese a traducir os encabezados das diferentes seccións, en galego ou en castelán. Para compensar isto, a web do PPdeG ofrece informacións tanto en galego (de momento a maioría) como en castelán, mesturadas. Esa tendencia bilingüe tamén se ve no seu Twitter onde, alén das ligazóns a novas, parece que a lingua materna é a española.


1/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: